Altri Non. Por un rural vivo
A ameaza
A empresa Altri quere instalar unha enorme factoría de celulosa no centro xeográfico de Galicia, lindando coa Serra do Careón, na provincia de Lugo, unha Zona de Especial Conservación da Rede Natura. É decir, unha zona que pola súa importancia medioambiental, debe ser especialmente protexida. O resultado da implantación da macrocelulosa de Altri sería o de contar coa fábrica de maior volume de produción de celulosa soluble de Europa e a cuarta do mundo, como se observa a continuación:
Durban (Sudáfrica, Sappi), 850.000 T/ano
Valdivia (Arauco, Chile) 550.000 T/ano
Lenzing (Brasil, Lenzing Group), 500.000 T/ano
Palas de Rei (España, Greenfiber) 400.000 T/ano
Lenzing (Austria, Lenzing Group). 320.000 T/ano
Paskov (Chequia, Lenzing Group), 285.000 T/ano
Mörrum (Suecia, Sodra) 170.000 T/ano
Hallein (Austria, Austrocel) 160.000 T/ano
Constância (Portugal, Altri-Caima) 125.000 T/ano**
O territorio ameazado
A Comarca da Ulloa non é en absoluto unha comarca atrasada nin empobrecida, senón que conta cunha economía diversificada, unha taxa de paro preto do 5% da poboación activa e unha intensa e modernizada actividade no sector primario, que dá traballo ao 22% dos seus habitantes, moi por riba da media galega (6,3%). Ademais, conta tamén cun enorme ecosistema de iniciativas de economía social e solidaria innovadoras en diferentes eidos de actividade (ecoagroturismo, alimentación sostible, custodia do territorio, etc.).